Emprego Lidera O Proxecto Europeo Laces Para Impulsar A Economía Social Na Eurorrexión Galicia-norte De Portugal

Coas actividades previstas preténdese dar apoio a máis de 350 empresas e empreendedores.

Emprego Lidera O Proxecto Europeo Laces Para Impulsar A Economía Social Na Eurorrexión Galicia-norte De Portugal
A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Secretaria Xeral de Emprego, lidera o partenariado do proxecto europeo Laces: Laboratorios de apoio á creación de emprego e empresas de economía social que ten como obxectivo impulsar o fomento e consolidación deste sector na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. O que busca esta actuación é acadar un salto cualitativo na capacidade para xerar e fixar emprego de calidade para o que se testarán diferentes medidas de impulso ao sector. Neste senso, a través das actividades ou programas piloto contempladas no proxecto proponse o apoio a máis de 350 empresas e emprendedores do sector da Economía Social.

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, vén de manter unha xuntanza coas entidades socias deste proxecto para seguir avanzando na súa concreción. Toca destacou que os retos principais de Laces van en consonancia coas liñas estratéxicas e políticas que está a impulsar a Xunta para o fomento da economía social e coas oportunidades e retos identificados no espazo transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal. “O que queremos é fomentar un mercado económico e laboral conxunto en base a un sector en auxe como é a economía social e colaborativa”, subliñou.

Ademais de impulsar a creación e consolidación de empresas, Laces propón un conxunto de accións enfocadas a visualizar e difundir a economía social a través da identificación de oportunidades de negocio vinculadas a sectores emerxentes como as TIC, o biotecnolóxico, as industrias culturais e creativas ou a explotación de recursos do espazo transfronteirizo. Así mesmo, busca reforzar e mellorar a capacitación do talento humano favorecendo a adquisición de habilidades e competencias empresariais mediante estratexias baseadas na cooperación empresarial, as experiencias de traballo e a formación no sector da economía social.

Laces foi presentado á convocatoria do programa Interreg V-A España-Portugal (Poctep) 2014-2020. No proxecto, ademais da Xunta, participan as universidades de Santiago e de Tras os Montes e Alto Douro; Tecminho; a Associação Centro de Incubação Base Tecnológica do Minho, a Agência de Desenvolvimento Rexional do Vale do Ave e as asociacións de economía social de Galica Ugacota, Agaca e Aesgal.

Fonte: Xunta de Galicia, http://www.infominho.com/
A ECONOMÍA SOCIAL NA ECONOMÍA CIRCULAR

A ECONOMÍA SOCIAL NA ECO...

Invitación para lo Foro Transfronteirizo "A Economía Social na Economía Circular" no 26 de novembro de 2019 ás ...

LEER MÁS
SANTO TIRSO APOYA INICIATIVAS DE ECONOMÍA SOCIAL

SANTO TIRSO APOYA ...

Candidaturas a los programas de capacitación y  tutoria transcurren hasta 25 de noviembre.

LEER MÁS
MUESTRA DE INICIATIVAS DE ECONOMÍA SOCIAL

MUESTRA DE INICIATIVAS D...

Muestra Pop  Up de iniciativas de  economía social en el Mercado de S.  Agustín los días 7 a 9 de no...

LEER MÁS
LACES POP  UP  EN LA FERIA FRANCA DE SANTO TIRSO

LACES POP UP EN LA FER...

Los vencedores del concurso LACES Pop UP organizado por la Cámara Municipal de Santo Tirso pudieron vivir una exp...

LEER MÁS
PARA LLEGAR Al REINO DE LA ECONOMÍA SOCIAL

PARA LLEGAR Al REINO DE ...

Seminario de presentación de las agendas sectoriales Turismo y TIC el día 17 de octubre en el Museo de Vila Vieja e...

LEER MÁS

EMPRENDER EN LA ECONOMÍA SOCIAL

EMPRENDER EN LA ECON...

Conferencia y Seminario de Presentación de las Agendas Sectoriales del proyecto LACES en la Fábrica de Santo Thyrso...

LEER MÁS
CONVOCATORIA ABIERTA

CONVOCATORIA ABIERTA

Programa de asesoramiento empresarial Transfórmate y crece
9 de julio ao 15 de septiembre de 2019

LEER MÁS
2ª Edição do

2ª Edição do "Bootcamp S...

LEER MÁS
CONVOCATORIA

CONVOCATORIA

LEER MÁS
ES-CONECTA

ES-CONECTA

A USC Lanza nova convocatoria da aceleradora ES-CONECTA

LEER MÁS
COOPERATIVA PRODUTORES DO CAMPO CAPELA

COOPERATIVA PRODUTORES D...

Ejemplo de refuerzo y mejora del talento humano a través de LACES

LEER MÁS
COOPERATIVA MOPÁN

COOPERATIVA MOPÁN

Ejemplo de refuerzo y mejora del talento humano a través de LACES

LEER MÁS
COOPERATIVA MONTE CABALAR

COOPERATIVA MONTE CABALAR

Ejemplo de refuerzo y mejora del talento humano a través de LACES

LEER MÁS
ES-CONECTA

ES-CONECTA

Conoce la aceleradora de empresas de economía social en el marco de LACES

LEER MÁS
EL PROYECTO LACES LANZA SU ACADEMIA ONLINE PARA FORMAR A PERSONAS Y EMPRESAS DE ECONOMÍA SOCIAL EN LOS RETOS DE LA INDUSTRIA 4.0

EL PROYECTO LACES LANZA ...

LEER MÁS
Eurorregião Galiza-Norte de Portugal com agenda de cooperação no setor do turismo

Eurorregião Galiza-Norte...

Eurorregião Galiza-Norte de Portugal com agenda de cooperação no setor do turismo

LEER MÁS
Proyecto Laces: Laboratorios De Apoyo A La Creación De Empleo Y Empresas De Economía Social

Proyecto Laces: Laborato...

22 De Septiembre 2017 – Museo Pedagógico De Galicia (Santiago De Compostela) – 10 – 14 Horas

LEER MÁS
Economía Social Net (ESN)

Economía Social Net (ESN)

Canais temáticos: TIC, Agro-inovação e Ambiente

LEER MÁS
Plataforma de identificação de oportunidades de negócio

Plataforma de identifica...

Economia Social – nova ferramenta de deteção de oportunidades de negócio.

LEER MÁS