ES-CONECTA

A USC Lanza nova convocatoria da aceleradora ES-CONECTA

A USC LANZA UNHA NOVA CONVOCATORIA DA ACELERADORA ES-CONECTA

- O prazo de presentación de solicitudes abre o 27 de febreiro e finaliza o 25 de marzo
- Realizarase unha primeira selección de 20 ideas empresariais, que participarán no DemoDay o 10 de abril en Santiago 
- A aceleradora ES-CONECTA da USC está dirixida a persoas ou empresas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

Santiago de Compostela, xx de febreiro de 2019.- A Universidade de Santiago de Compostela (USC) lanza unha nova convocatoria de ES-CONECTA, unha aceleradora de economía social de tres meses de duración. O Grupo de
Investigación de Valoración Financeira Aplicada (http://www.usc.es/valfinap/)é o promotor desta aceleradora de economía social.

Inicialmente, vaise realizar unha primeira selección de 20 ideas empresariais, que participarán no DemoDay, o 10 de abril na facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela. Desa xornada, sairán os 15 proxectos que finalmente participarán na aceleradora de ES-CONECTA.

O programa, de alto rendemento, vai dirixido ás persoas ou empresas da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal que queiran desenvolver un proxecto de economía social.

Durante o desenvolvemento da aceleradora, os emprendedores e emprendedoras estarán baixo a supervisión dun equipo de especialistas e recibirán formación, titorización, mentorización e o apoio no acceso a financiamento externo. As actividades desenvolveranse en Santiago de Compostela.

Todas as accións da aceleradora están encamiñadas a reducir os tempos de posta en marcha e consolidación de proxectos empresariais de economía social, o que garante súa viabilidade e minimiza os riscos inherentes aos devanditos procesos.

Os principais obxectivos da aceleradora ES-CONECTA da USC son fomentar o emprendemento e formar ás persoas que queiran poñer en marcha unha idea empresarial.
Para realizar a inscrición a esta aceleradora hai que cubrir o formulario que se atopa na seguinte dirección: 

http://bit.ly/esconectausc

Máis información na web http://esconecta.com/
<h4>EMPRENDER EN LA ECONOMÍA SOCIAL</h4>

EMPRENDER EN LA ECON...

Conferencia y Seminario de Presentación de las Agendas Sectoriales del proyecto LACES en la Fábrica de Santo Thyrso...

LEER MÁS
CONVOCATORIA ABIERTA

CONVOCATORIA ABIERTA

Programa de asesoramiento empresarial Transfórmate y crece 
 9 de julio ao 15 de septiembre de 2019

LEER MÁS
2ª Edição do

2ª Edição do "Bootcamp S...

LEER MÁS
CONVOCATORIA 

CONVOCATORIA 

LEER MÁS
COOPERATIVA PRODUTORES DO CAMPO CAPELA

COOPERATIVA PRODUTORES D...

Ejemplo de refuerzo y mejora del talento humano a través de LACES

LEER MÁS
COOPERATIVA MOPÁN

COOPERATIVA MOPÁN

Ejemplo de refuerzo y mejora del talento humano a través de LACES

LEER MÁS
COOPERATIVA MONTE CABALAR

COOPERATIVA MONTE CABALAR

Ejemplo de refuerzo y mejora del talento humano a través de LACES

LEER MÁS
ES-CONECTA

ES-CONECTA

Conoce la aceleradora de empresas de economía social en el marco de LACES

LEER MÁS
EL PROYECTO LACES LANZA SU ACADEMIA ONLINE PARA FORMAR A PERSONAS Y EMPRESAS DE ECONOMÍA SOCIAL EN LOS RETOS DE LA INDUSTRIA 4.0

EL PROYECTO LACES LANZA ...

LEER MÁS
Eurorregião Galiza-Norte de Portugal com agenda de cooperação no setor do turismo

Eurorregião Galiza-Norte...

Eurorregião Galiza-Norte de Portugal com agenda de cooperação no setor do turismo

LEER MÁS
Emprego Lidera O Proxecto Europeo Laces Para Impulsar A Economía Social Na Eurorrexión Galicia-norte De Portugal

Emprego Lidera O Proxect...

Coas actividades previstas preténdese dar apoio a máis de 350 empresas e empreendedores.

LEER MÁS
Proyecto Laces: Laboratorios De Apoyo A La Creación De Empleo Y Empresas De Economía Social

Proyecto Laces: Laborato...

22 De Septiembre 2017 – Museo Pedagógico De Galicia (Santiago De Compostela) – 10 – 14 Horas

LEER MÁS
Economía Social Net (ESN)

Economía Social Net (ESN)

Canais temáticos: TIC, Agro-inovação e Ambiente

LEER MÁS
Plataforma de identificação de oportunidades de negócio

Plataforma de identifica...

Economia Social – nova ferramenta de deteção de oportunidades de negócio.

LEER MÁS